¡Mapas actualizados de todas las temáticas y lugares del mundo!
Comparte y usa información de otros usuarios.

Lugo

Lugo

Creado por fransotelo el 11/02/2011
Actualizado el 15/06/2012
Mapa público
Carreteras
Satélite
Híbrido
Físico
Mapnik
Cycle map
Original
Midnight Commander
Red Alert
Carreteras
Satélite
Híbrido
En blanco
Elementos
Sobre este mapa: 

Lugo é unha cidade galega, capital da provincia de Lugo e da comarca homónima. Fundada no ano 25 a.C. por Paulo Fabio Máximo, é unha cidade de orixe romana e a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Son testemuña dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, e sobre todo a Muralla Romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.
Ao longo da súa historia ocorreron tanto épocas de abandono como importantes momentos na historia do país, dende a xuntanza no ano 842 dun grande exército galego para conquistar Oviedo e entronizar a Ramiro I como primeiro rei da dinastía galega, ata o pronunciamento do Coronel Miguel Solís, que daría comezo á Revolución Galega de 1846.
Xeograficamente, a cidade atópase situada nun outeiro, nas terras do Alto Miño, e circundada polo propio río Miño, ademais doutros máis pequenos como o Mera. O concello, incluído na Reserva da Biosfera "Terras do Miño", é o segundo máis extenso de Galicia, e no que hoxe habitan 96.678 persoas, o que supón que sexa o cuarto de Galicia en poboación despois de Vigo, A Coruña e Ourense.
O xentilicio dos habitantes de Lugo é lucense ou tamén lugués. Actualmente, Lugo é unha cidade comercial e de servizos, cun campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Destacan tamén as populosas festas realizadas na cidade como o Arde Lucus, que relembra o pasado romano e castrexo da cidade, e o San Froilán, que cada ano atrae á cidade do 4 ao 12 de outubro a máis dun millón de visitantes.

Comentarios

Todavía no hay comentarios. Sé el primero en participar.
Deja tu comentario
Para dejar un comentario deberás ser un usuario registrado
¿Ya eres un usuario?
¿Todavía no tienes cuenta?
¿Eres nuevo en ikiMap?

Outros mapas deste usuario

Por: fransotelo
1692 visitas
Por: fransotelo
1600 visitas
Por: fransotelo
1560 visitas