¡Updated maps of all places and subjects of the world!
Shares and uses information from other users.

Ferrol

Ferrol

Created by fransotelo on 11/02/2011
Updated on 15/06/2012
Public map
Streets
Satellite
Hybrid
Physical
Mapnik
Cycle map
Original
Midnight Commander
Red Alert
Streets
Satellite
Hybrid
white
Elements
About this map: 

Ferrol é unha cidade da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2009 tiña 74.273 habitantes, sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia.
O concello limita ó norte e oeste co Océano Atlántico, ó sur coa ría de Ferrol e ó leste co concello de Narón, formando parte do Golfo Ártabro.
Ferrol constitúe unha das cidades máis importantes de Galicia no eido industrial, cunha especial influenza do sector naval. Tamén conta cunha importante actividade das Forzas Armadas, nomeadamente da Armada, que tivo en Ferrol dende o século XVIII unha das súas principais bases navais e un destacado Arseal Militar.
A cidade aséntase de cara á ría de Ferrol, aínda que tamén conta cunha destacada fachada litoral cara ó Océano Atlántico na zona rural do termo municipal. Esa fachada acolle algunhas das súas máis afamadas praias, como as asentadas nas parroquias de Doniños, San Xurxo ou Covas.
Ademais da cidade de Ferrol, o termo municipal comprende once parroquias rurais e a vila de A Graña, considerada como zona urbana a efectos legais aínda que se atope no extrarradio da cidade. O concello posúe unha densidade de poboación de 904,31 hab./km² e unha superficie de 82,6 km².

Comentarios

There are no comments yet. Be the first to participate
Leave your comment
To leave a comment you must be a register user
Already a member?
Don't have an account yet?
Are you new at Ikimap?

Outros mapas deste usuario

Por: fransotelo
1639 visitas
Por: fransotelo
1526 visitas
Por: fransotelo
1364 visitas