¡Updated maps of all places and subjects of the world!
Shares and uses information from other users.

Festival Vitaminas para o galego

Festival Vitaminas para o galego

Created by Vitaminasgalego on 19/04/2012
Updated on 15/06/2012
Public map
Streets
Satellite
Hybrid
Physical
Mapnik
Cycle map
Original
Midnight Commander
Red Alert
Streets
Satellite
Hybrid
white
Elements
About this map: 

Vitaminas para o Galego, a plataforma na que colaboran 24 medios de comunicación na lingua propia, organiza un festival artístico o vindeiro venres 27 de abril en Compostela. O evento inclúe un recital poético a cargo de Olalla Cociña, Xia Arias, Alicia Fernández e Gonzalo Hermo, seguido dun concerto do grupo punk de Muros Terbutalina.

Todos os beneficios do festival serán destinados a sufragar o mantemento da propia campaña e dos medios en galego, que nos últimos anos sufriron importantes baixas. As entradas saen a só 4 euros (5 o día do concerto) e haberá unha fila cero para os que queiran colaborar aínda máis a 10 euros. O concerto será no Centro Social A Gentalha do Pichel, onde se poden mercar as entradas, ademais de na Reixa, Casa das Crechas e Restaurante Rúa.

No mesmo festival darase conta do proxecto en marcha de cara ao gran evento do 17 de maio, que Vitaminas para o Galego está preparando co gallo do Día das Letras Galegas. A actuación é a primeira iniciativa da segunda fase da campaña, lanzada este inverno. A primeira fase logrou duplicar o obxectivo de recadación inicial, inxectando 6.800 euros grazas a colaboración de case 200 mecenas.

A campaña Vitaminas para o Galego está artellada polos medios de comunicación: Galicia Confidencial, Tempos Novos, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info e Quepasanacosta. Colaboran ademais Xornal Certo , O Sil.info , Crónica 3 , Radio Nordés , Terra Chá.Xa , Crónicas da Comarca , Surf GZ , Cardenos de Comunicación e Análise ,Lalín e Comarca , Hermes e Atenea , Disquecool , De Luns a Venres , Cabozo.com , Vencello , Cartafol , A nova Peneira , Programa radio Plástico Elástico , Cerne, terra de Melide e Gaceta de Fene.

A iniciativa diríxese a todas as persoas que queren contribuir a que o idioma propio de Galicia adquira un rango social de normalidade. Para logralo, resulta impescindíbel a existencia dunha pluralidade de medios de comunicación en galego.

Comentarios

There are no comments yet. Be the first to participate
Leave your comment
To leave a comment you must be a register user
Already a member?
Don't have an account yet?
Are you new at Ikimap?