¡Updated maps of all places and subjects of the world!
Shares and uses information from other users.

Viaducto de Gundián

Streets
Satellite
Hybrid
Physical
Mapnik
Cycle map
Original
Midnight Commander
Red Alert
Streets
Satellite
Hybrid
white
Elements
About this map: 

O trazado ferroviario Zamora - A Coruña é unha das obras civís máis salientables do pasado século XX en Galicia. Dentro deste trazado o paso do río Ulla destaca pola peculiaridade do terreo e as dificultades que presentaba a construción dun viaduto, o que converte a éste nun dos emblemas de toda a vía.

En tempos da ditadura de Primo de Rivera, no 1928, redáctase o primeiro proxecto para o trazado, pero o proxecto reformado non se aproba ata 1939, pasada a Guerra Civil. Novas medicións in situ fan variar o perfil do terreo aproximándose ao real. Na memoria descríbese:

"O desfiladeiro está formado por dous inmensos contrafortes de cuarcitas que se van separando entre si a medida que aumenta a altura, dende os 25 m ao nivel do río aos 48 m, a unha altura de 46 m sobre o leito do río."

A ponte proxéctase á cota 133,00 m, que supón unha altura de 78 m sobre o leito do río.

Destaca o empeño pola integración paisaxística da ponte; diferentes factores do proxecto xustifícanse ou sométense a xuízo en favor da integración co contorno.

Paga a pena destacar a figura do constructor, Ricardo Barredo, home ligado á figura do enxeñeiro Eduardo Torroja e á súa familia, a quen debemos o feito de conservar un magnífico arquivo fotográfico do proceso constructivo.

As imaxes antes e despois da construcción da ponte son un reflexo do agradecida que pode chegar a ser para unha paisaxe unha obra desa envergadura, cando existe conciencia clara en todas as partes do que se está a realizar. A súa adaptación ao ámbito convértea en símbolo da bisbarra, servindo de fondo ao val, que xa non podemos entender sen a súa existencia.

Comentarios

There are no comments yet. Be the first to participate
Leave your comment
To leave a comment you must be a register user
Already a member?
Don't have an account yet?
Are you new at Ikimap?