ikiMap, share your maps

Escritores Rinoceronte Editora

9
Vote

Escritores Rinoceronte Editora

Sent by ala on 03.02.2010 12:05

Visited 1051 times

URL:
Embebed:
More information:

Lugares de procedencia de alguns dos escritores que foron traducidos ó galego pola editorial Rinoceronte.Rinoceronte Editora SL creouse en Cangas do Morrazo no ano 2005 cunha idea: traducir ó galego literatura estranxeira, fundamentalmente recente, atendendo en especial a ámbitos culturais e lingüísticos dende os que nunca se importara nada á nosa lingua. Dese xeito, fomos os primeiros en traducir dende o finlandés, o húngaro, o xaponés, o islandés ou o hebreo. As nosas principais coleccións, Contemporánea, Clásica e Vétera, responden a un criterio cronolóxico e comprenden obras de narrativa posteriores a 1950, de 1800 a 1950 e anteriores ó século XIX, respectivamente.Na nosa selección de títulos tratamos de cubrir dúas vertentes: apostar por autores de calidade, aínda descoñecidos no noso contexto literario e cultural; e ofrecer obras de autores recoñecidos, recentes ou inéditas en galego.Recentemente abrimos novos vieiros cunha colección de Poesía, e outra, denominada Inversa, na que traducimos a outras linguas obras escritas orixinariamente en galego. Porén, o noso ámbito seguirá sendo o da tradución: dende e para o galego.

Comments

  1. Avatar del usuario ala

    Ola desonhos. Se fas un zoom perto de Torino verás que Alessandro Baricco está referenciado. De tódolos xeitos Rinoceronte editora, a día de hoxe, ten novos títulos publicados que engadirei a este mapa en breve. Un saúdo

    ala, 07.04.2011 16:41

  2. Avatar del usuario desonhos

    Boto de menos a Alessandro Baricco en Torino.
    Moi boa iniciativa. Parabéns, unha vez máis, Rinoceronte.

    desonhos, 07.04.2011 08:45


    

Would you like to add a comment?

Sign in at ikiMap, or if you are not a member create your own account.

Blog | Facebook | Twitter | Contact | © 2011 Sixtema. All rights reserved.